dilluns, 7 de juny de 2010

CATECISMO DO LABREGO - Fr.Marcos D'A Portela (1888)

.
- ¿Eres labriego?
- Sí, pol-a miña disgracia.
- ¿Qué quiere decir labriego?
- Home acabadiño de traballos... que traballa moito e come pouco, que á semellanza d'os burros d'arriero que levan o viño e beben agua.

- ¿Cuáles son vuestros enemigos?
- A maores d'o mundo, d'o demo e d'a carne, como teñen todal'as xentes temos un fato deles; nove ministros en Madril, o Delegado D'a Facenda n'a provincia, o Adeministrador d'a Subalterna, o Alcalde, os concexales, o Secretario n-o Concello, o cacique d'a parroquia.

- ¿Y puede algo el trabajo contra ellos?
- Non padre... porque... o traballo non rende para contentalos.
- ¿Qué es fe?
- Creer o que non vimos.
- ¿Visteis las monedas de cinco pesos?
- Non, padre.

- ¿Y los billetes de banco de cien pesetas?
- Non, padre.

- ¿Y creéis en ellos?
- O qu'é creer, creemos.
- ¿Qué pedís vosotros?
- Nosoutros pidimos o reino de Dios porque o d'este mundo anda en maus de catro galafates.

- ¿Los campesinos perdonan a sus deudores para que Dios les perdone sus deudas?
- Os nosos deudores ben perdoados están porque ninguen nos debe nin un chavo.

- ¿De qué sirve el Bautismo?
- Pra nos facer cristianos anque logo nos traten como mouros...

- ¿Para qué sirve la Penitencia?
- Pra purgar os pecados alleos, que os nosos ben purgadol-os temos co-a vida arrastradiña que levamos.
- ¿Para qué sirve el Orden?
- Pra que algúrs fillos de labregos cheguen a ser xente.

- ¿Y el Matrimonio?
- Pra nada bó, señor. Cando uno no ten pan que meter n-a boca, acurreselle levar pr'a casa unha muller que lle axude a pasar fame.
- ¿Cuáles son las Bienaventuranzas?
- As benventuranzas son oito: 1.- Benaventurados os probes, porque serán tratados como bestas d'arrieiro. 2.- Benaventurados os mansos, porque tod'o mundo mallará n-eles. 3.- Benaventurados os que choran, porque mamarán. 4.- Benaventurados os que teñen fame e sede d'a xusticia, porque os fartarán de presidio. 5.- Benaventurados os misericordiosos, porque os amolarán canto poidan. 6.- Benaventurados os limpos de corazón, porque tamén estarán limpos de faltriqueira. 7.- Benaventurados os pacíficos, porque todos lles farán a guerra. 8.- Benaventurados os que padecen persecución pol-a xusticia, porque ademais de ir a cadea, pagarán as costas.
.

4 comentaris:

McAbeu ha dit...

Doncs sembla que té les idees força clares aquest "labriego" :-))

El Gaucho Santillán ha dit...

Que buena forma de denunciar, Cap!!

Entretenido, pero desgraciadamente, cierto.

Saludos

F.Puigcarbó ha dit...

molt bó, per penjar-ho a l'entrada dels Bancs i d'Hisenda.

sànset i utnoa ha dit...

I quanta raó que porta el "labriego"!

*Sànset*